Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 14 de decembro de 2024, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A. de concesión administrativa no porto de Mugardos con destino á ocupación de dominio público portuario soterrado e en superficie para realizar a actividade de subministración de electricidade (expediente 12-07-24-C-1).

A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A. no porto de Mugardos con destino á ocupación de dominio público portuario soterrado e en superficie para realizar a actividade de subministración de electricidade (expediente 12-07-24-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas. Así mesmo, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecten o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.

O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica e persoas representantes dunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes por escrito nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Lugo, 14 de decembro de 2024

 

Antonio López Fernández

Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: