O día 11 de outubro de 2024 o presidente de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da concesión administrativa solicitada por Ferroglobe Cuarzos Industriales Mining, S.A. de concesión administrativa no porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación de dominio público portuario en voo e en superficie para a construción de naves para almacenamento de medios mecánicos e auga para sistema de nebulización e rega de minerais en explanada portuaria (expediente 14-07-24-C-2), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
O anterior faise público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 14 de outubro de 2024
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: