Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 19 de maio de 2026, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario para a instalación dun cargador para vehículos eléctricos e dúas prazas de aparcamento no porto de Muxía (expediente 12‑31‑25-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa a favor de Iberdrola clientes, S.A.U., para a ocupación do dominio público portuario de Muxía para os efectos de instalar un cargador de vehículos eléctricos e dúas prazas de aparcamento, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 26 de marzo de 2026 con base no documento técnico Proxecto de actividade de prestación de servizos de recarga de vehículos eléctricos en portos de Galicia, asinado o 25 de marzo de 2025 polo enxeñeiro técnico industrial, F. Javier Taberner Sanchís, colexiado nº 8654.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

 

A Coruña, 19 de maio de 2026

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:

 Anuncio no DOGA Nº 118 da CDPP no porto de Muxía.pdf

 Resolución de inicio de trámite da CDPP no porto de Muxía.pdf

 Proxecto de actividade de prestación de servizos de recarga de vehículos eléctricos no porto de Muxía.pdf