Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 2 de decembro de 2025, da Xefatura da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario para a legalización das instalacións para a subministración eléctrica no porto de Caión (clave 12-18-25-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa a favor de UFD, Distribución Electricidad, S.A. para a legalización da ocupación do dominio público portuario para a subministración eléctrica no porto de Caión, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 2 de setembro de 2025 e segundo a confrontación do documento técnico: Legalización de instalacións propiedade de UFD, S.A. no porto de Caión (concello da Laracha), asinado o 30.8.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Victoriano González Lemos, colexiado número 2980.


O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficiñas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com.


A Coruña, 2 de decembro de 2025


Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:

 Anuncio no DOGA Nº 249 da CDPP UFD S.A. no porto de Caión.pdf

 Resolución de inicio do trámite da da CDPP UFD S.A. no porto de Caión.pdf

 Acta de confrontación da CDPP UFD S.A. no porto de Caión.pdf

 Planos de confrontación da CDPP UFD S.A. no porto de Caión.pdf