Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 23 de decembro de 2022, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de superficie e do departamento número 1 do edificio 12.37. EDF.001 (15 departamentos) e substitución das cámaras de conxelación para o desenvolvemento das actividades de servizo de cámaras de conxelación e cursos de formación do ámbito marítimo, solicitada pola Confraría de Pescadores de Lira, no dominio público portuario de Portocubelo (código 12-37-22-C-3)

Está en trámite a concesión administrativa, solicitada pola Confraría de Pescadores de Lira, para a ocupación de superficie e do departamento nº 1 do edificio 12.37.EDF.001 (15 departamentos) e substitución das cámaras de conxelación para o desenvolvemento das actividades de servizo de cámaras de conxelación e cursos de formación do ámbito marítimo, de acordo co proxecto de instalación de cámaras de conxelado, asinado en novembro de 2022 polo enxeñeiro técnico industrial Juan Ramón Barreiro Carreño, colexiado nº 2023, e o plano da tramitación autorizada pola resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia.

 

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

 

A Coruña, 23 de decembro de 2022

 

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro