Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 23 de marzo de 2022 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada a Combarromar, S.A. para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Combarro (Poio)

Logo de solicitude do concesionario Combarromar, S.A., a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 8.3.2022 iniciar o trámite de modificación substancial da concesión outorgada a Combarromar, S.A. para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Combarro (Poio).

O obxecto da modificación é a inclusión do servizo de pasaxe nas actividades que se van desenvolver na concesión, tanto o de transporte regular como o de servizo turístico.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

 

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022

 

 

 

 

Susana Lenguas Gil

Presidenta de Portos de Galicia