Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 26 de xullo de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación no dpp do edificio 12.48.edf.016 (parcial) coma taller mecánico de reparación naval e montaxe de motores mariños, no porto de Ribeira (clave: 12-48-19-C-1)

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Talleres Baña, S.L. para a ocupación en superficie de dominio público portuario do edificio 12.48.EDF.016 (parcial) como taller mecánico de reparación naval e montaxe de motores mariños, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 4 de outubro de 2019, e segundo a confrontación da ocupación levantada e asinada pola Xefatura da Zona Centro, no porto de Ribeira.


O que se fai público para os efectos previstos no 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.


A Coruña, 26 de xullo de 2024


Lorena Solana Barjacoba
Xefatura da Zona Centro

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: