Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 27 de setembro de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación no dominio público portuario por caseta desmontable para almacén de material náutico e comercialización de actividades de náutica recreativa e de lecer, no porto de Laxe (clave: 12-21-20-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Pantocazo Orons e Iglesias,  S.L., para a ocupación en superficie de dominio público portuario por caseta desmontable para almacén de material náutico e comercialización de actividades de náutica recreativa e de lecer, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 16 de setembro de 2024 e segundo a confrontación da ocupación levantada e asinada pola Xefatura da Zona Centro no porto de Laxe.

O que se fai público para os efectos previstos no 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

A Coruña, 27 de setembro de 2024

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: