Publicador de contidos
ACORDO do 28 de abril de 2025, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario soterrado, aérea e en superficie para realizar a actividade de subministro de electricidade, no porto de Rianxo (clave: 12-55-24-C-3).
Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por UFD, Distribución Electricidad, S.A., para a ocupación de dominio público portuario soterrado, aéreo e en superficie para realizar a actividade de subministración de electricidade, no porto de Rianxo, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 13.12.2024 e segundo a Confrontación dos proxectos «RBTS Ribeira 120 (Rianxo). Expediente 618424010144», asinado o 29.4.2024 pola enxeñeira técnica industrial, Susana Casais Pérez, colexiada nº 2033 e o «RBTS Ribeira 120 (Rianxo). Expediente 618424010144», asinado o 29.4.2024 polo enxeñeiro técnico industrial, Victoriano González Lemos, colexiado nº 2980.
O que se fai público, para os efectos previstos no 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 28 de abril de 2025
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: