Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 28 de marzo de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación en superficie e do edificio 12.30.EDF.007 (nave de redes) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de reparación e almacenaxe de redes e lavado de caixas, solicitada pola Confraría de Pescadores Virxe do Monte de Camariñas, no dominio público portuario de Camariñas.(código: 12-30-18-C-1).

Consta en trámite unha concesión administrativa, solicitada pola Confraría de Pescadores Virxe do Monte de Camariñas, para a ocupación en superficie e do edificio 12.30.EDF.007 (nave de redes), titularidade de Portos de Galicia, co fin de desenvolver a actividade de reparación e almacenaxe de redes e lavado de caixas, de acordo cos investimentos realizados e recollidos no documento técnico Ampliación de instalacións eléctricas de baixa tensión existentes na nave de redes, para a instalación dun túnel de lavado para caixas, situada na rúa Muelle, s/n, porto de Camariñas, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Emilio García Baña (colexiado nº 2065) en novembro de 2021, e a Memoria explicativa e detallada da instalación da máquina de lavado de caixas, de xaneiro de 2022, así como o plano da tramitación autorizada pola Resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

A Coruña, 28 de marzo de 2023

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro