Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 5 de novembro de 2024, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización de varios departamentos no dominio público portuario de Corme.

Ao quedaren dispoñibles varios departamentos no dominio público portuario de Corme, ábrese convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria. En todo caso, deberá acreditarse a data e hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do prazo establecido, e que, en caso contrario, non será admitida, polo que se debe emendar a súa presentación e se tomará como data de presentación a da emenda, co risco, no caso de trámites sometidos a prazos excluíntes, de que perdan o dereito ao trámite ou mesmo o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.

A Coruña, 5 de novembro de 2024

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: