Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 7 de xullo de 2025, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa no porto de Moaña con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado e en superficie para realizar a actividade de subministración de electricidade, (clave: 13-21-25-C-1).

A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Unión Fenosa Distribución Electricidad, S.A., no porto de Moaña con destino á ocupación do dominio público portuario soterrado e en superficie para realizar a actividade de subministración de electricidade (expediente 13-21-25-C1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.

 

Pontevedra, 7 de xullo de 2025

 

Iban Rodríguez Fernández

Xefe da Zona Sur

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:

 Anuncio DOGA Nº 143 CDPP no porto de Moaña.pdf