Volver ao contido

Contido web

A TRAVESÍA NÁUTICA XACOBEA ‘SAIL THE WAY’ CHEGA A GALICIA O 11 DE XUÑO

Travesía Náutica Xacobea
  • Portos de Galicia colabora con Marinas de Galicia, Asnauga e Northmarinas na organización da Travesía Náutica Xacobea ‘Sail the way’.

     

  • Trátase dunha peregrinación marítima seguindo o curso do Camiño por mar entre Ribadeo e Padrón, para concluír nunha última etapa a pé ata Santiago de Compostela.

     

  • A expedición recalará en diversos portos deportivos galegos para promocionar así as súas instalacións e os atractivos da nosa costa.

     

  • Todos os afeccionados á náutica poderán unirse á travesía nas súas embarcacións de xeito gratuíto, sen inscrición previa, acompañando aos barcos da organización en calquera das súas etapas.

     

  • Para reservar unha praza de tránsito en calquera dos portos de escala pódese contactar coas entidades xestoras cuxos datos de contacto están dispoñibles en www.guianauticadegalicia.gal.

     

  • Os navegantes que se sumen a esta iniciativa e completen 90 millas a vela e 7 quilómetros a pé poderán obter a súa acreditación de Peregriños a Santiago.

     

  • A acreditación solicitarase no porto de saída e terá que ser selada durante a ruta nos puntos de parada (portos deportivos, albergues, hoteis, restaurantes...) e recabar alomenos o selo do albergue do Milladoiro ou do Monte do Gozo.

     

  • Segue a estela nas seguintes etapas:
    • 11 de xuño: Ribadeo-Viveiro.
    • 13 de xuño: Viveiro-Ares-Sada.
    • 15 de xuño: A Coruña-Camariñas-Muxía.
    • 16 de xuño: Muxía-Muros.
    • 17 de xuño: Muros-Portosín-Cabo de Cruz.
    • 18 de xuño: Vilagarcía-Ribeira-Padrón.
    • 19 de xuño: Peregrinación a pé Padrón-Santiago.
     
    *Os participantes poderán consultar os horarios nas entidades xestoras do porto deportivo de saída
  • Máis información: