Volver ao contido

Contido web

Alleamento de embarcacións

A regra décimo-quinta da tarifa E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de Taxas, Prezos e Exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que as mercadorías ou os elementos que cheguen a permanecer un ano sobre as explanadas e nos depósitos, ou aqueles nos que os dereitos creados e non satisfeitos cheguen a ser superiores ao seu posible valor en venda, se considerarán como abandonados polos seus donos e se procederá con eles conforme ao disposto no regulamento de servizo do porto, que di no seu artigo 49, que os obxectos e as mercadorías de calquera clase abandonados polos seus donos na zona de servizo, ou aqueles nos que os seus dereitos adebedados cheguen a ser notoriamente superiores ao seu valor en venda, serán incautados, e neste caso, se poderá proceder á venda das embarcacións, da que se deducirán os créditos devengados en concepto de taxas e tarifas, os custes de traslado e almacenaxe, e no seu caso, os producidos nunha poxa.

Decretada a incautación das embarcacións, e en tanto que bens mobles patrimoniais incautados, Portos de Galicia procederá ao seu alleamento, a través dos procedementos previstos no artigo 79 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que estea interesado pode consultar os procesos abertos na seguinte páxina: procesos de alleamento de embarcacións abertos.