Volver ao contido

Contido web

Funcións atribuidas por lei ao ente público Portos de Galicia


Son funcións do ente público Portos de Galicia as que determina o artigo 3 da Ley de creación e, en particular, as seguintes:

a) A organización, xestión e administración dos portos e as suas zonas de servizo.

b) A planificación, proxección, execución e conservación das suas obras e instalacións.

c) A ordenación das zonas de servizo e dos seus usos.

d) A planificación, establecemento, dirección e administración dos servizos portuarios, e a prestación de estos a través das formas de xestión máis convenientes para o interese público.

e) A policía dos portos.

f) En xeral, todas as necesarias para facilitalo tránsito marítimo portuario e conseguila rentabilidade e productividade da explotación dos portos.


Así mesmo, Portos de Galicia exercerá, ademais dos portos de competencia da Comunidade Autónoma, as funcións que o artigo 18 da Lei de portos do Estado e da marina mercante atribuen as autoridades portuarias.

 

Competencias do ente público Portos de Galicia

Corresponde a Portos de Galicia o proxecto, construcción, conservación, mellora, ordenación, administración e explotación das obras, instalacións, servizos e actividades portuarias, así como a planificación das zonas de servizos e as suas futuras ampliacións. Isto traducese no seguinte ámbito de competencias:

  • Xestionar a explotación das instalacións portuarias e dos demáis bens adscritos o seu patrimonio.
  • Fomento da actividade económica no ámbito dos portos que dependen da Comunidade Autónoma, e de as suas actividades industriais ou comerciais relacionadas co tráfico portuario.
  • Fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico en explotación e construcción portuaria.
  • Realizar cantas operacións comerciais e industriais considere conveniente, con iniciativa pública ou privada.
  • Xestionar as obras, instalacións e servizos.

Máis información:

DECRETO 227/1995, del 20 de xulio, polo que se aproba o Reglamento do ente público Portos de Galicia, dictado en aplicación e desenvolvemento da Ley 5/1994, do 29 de novembro.

Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia