Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Proxecto relativo as obras de "Dragaxe da Zona Central da canle de acceso ao Porto Comercial do Porto de Ribadeo"

Publícase, para coñecemento xeral de calquera interesado, o proxecto completo das obras de “DRAGAXE DA ZONA CENTRAL DA CANLE DE ACCESO AO PORTO COMERCIAL DO PORTO DE RIBADEO”, en formato pdf, así como o presuposto en formato bc3*.

(*AVISO.- Os arquivos de tipo editable (bc3), ao ser de intercambio, poden conter erros que non puideron ser verificados, polo que se advirte de que, en todo caso, O DOCUMENTO VÁLIDO É O PUBLICADO EN FORMATO EN PDF.)

Así mesmo, infórmase de que o anuncio de licitación das obras relativas ao proxecto de referencia, non suxeitas a regulación harmonizada e co nº de expte. 4/2019/CNTOB, atópase publicado, dende o día 7 de marzo de 2019, no perfil de contratante, ao que se poderá acceder a través do seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=480282

No dito perfil poderán descargarse o resto de Pregos relativos á licitación referida e, a través do mesmo, calquera interesado poderá obter neste a información relativa ao procedemento de contratación e realizar o seu seguemento.”