Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA E A FEGAMP AVANZAN NA DEFINICIÓN DOS CRITERIOS GLOBAIS PARA POSIBLES DESAFECTACIÓNS DE TERREOS

Santiago, 24 de maio de 2019.- O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, encabezou esta mañá unha nova reunión da mesa de traballo entre o ente público e a Fegamp para abordar as cuestións competenciais relativas aos terreos portuarios de uso público das vilas mariñeiras. 

Nesta xuntanza, técnicos e representantes políticos de diferentes departamentos da Xunta e a Federación Galega de Municipio e Provincias, avanzaron na definición dos criterios e directrices que establecerán o marco xeral de actuación ante as solicitudes de desafectación de terreos portuarios por parte das administracións locais. 

Portos de Galicia lembra que este grupo de traballo é a canle habilitada para o traslado das solicitudes dos concellos relativas á titularidade e os usos non estritamente portuarios dos terreos de titularidade do ente público.