Web Content Display
DESTINOS NATURAIS E NAUTICOS ACCESIBLES, INTEGRADORES, INTELIXENTES E INTERNACIONAIS_ECODESTIN_3IN
CONTEXTO
O proxecto 0217_ECODESTIN_3IN_1_E coherente co eixo 3 “Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais” do programa de cooperación transfronteiriza Poctep, contribúe directamente aos obxectivos territoriais da área de cooperación Galicia- Norte de Portugal unha vez que ten como principal obxectivo a valorización dos recursos endóxenos máis relevantes deste espazo: o mar, os ríos e o patrimonio, convertendo a Euro- rexión Galicia-Norte de Portugal nun destino náutico internacional singular e sustentable que une toda a nosa riqueza natural, cultural e patrimonial a través dunha oferta náutica-deportiva de calidade.
Este proxecto está orientado cara á valorización dos espazos naturais e do patrimonio histórico e cultural da euro-rexión, promovendo a actividade turista e deportiva; apoiando, capacitando e incentivando empresas, empresarios e emprendedores a desenvolver novos negocios con base no patrimonio natural moi vinculado ao mar e aos ríos e o patrimonio cultural histórico protexido e creando sinerxias con outros recursos relevantes para a actividade turística e, consecuentemente, para o desenvolvemento local.
En todo caso, ECODESTIN_3IN desenvolve, especialmente, accións específicas enmarcadas no obxectivo da valorización de recursos endóxenos, especialmente no que respecta ao incremento dos niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais ao aumentar a accesibilidade a estes espazos e ao convertelos no eixo dunha estratexia para situar e diferenciar á Euro- rexión desde a perspectiva econáutica e deportiva de alto nivel.
En síntese, con maior ou menor intensidade, o proxecto responde os obxectivos territoriais da área de cooperación:
- Potencia a innovación nas Pemes do sector da náutica, do turismo e natureza (formando a empresas e empresarios e desenvolvendo, con elas, novas soluciones TIC que modernicen os seus procesos produtivos e permítalles penetrar en novos mercados, respondendo a necesidades e expectativas dos consumidores de turismo actuais). Sobre todo aplicando solucións de realidade aumentada tanto en terra como en mar que son innovadoras a nivel europeo e aplicando solucións de accesibilidade a portos e a pantaláns a través de smartphones facendo moito máis accesibles os portos e monumentos da área do proxecto.
- Potencia a introdución de novos métodos e procedementos que aseguran unha mellor competitividade (en especial a través da cooperación transfronteiriza promovida polo proxecto) e unha diferenciación pola integración de patrimonio nunha actividade turística deportiva.
- Mellora a capacidade institucional a través da promoción dunha profunda reflexión sobre a homoxeneización de normativas e requisitos da actividade, introducindo criterios homoxeneizados que aseguren elevados patróns de calidade dos servizos prestados e orientan cara á internacionalización conxunta dos territorios.
OBXECTIVOS
Co proxecto ECODESTIN_3IN preténdese reforzar a competitividade do sector náutico-deportivo galego e dotarlle das ferramentas para afrontar os retos de futuro e aumentar a atractividade do territorio a través do fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural vinculado aos rías, rías e costa para especializar internacionalmente o espazo de cooperación como un único destino econáutico e deportivo, accesible, integrador e intelixente desenvolvendo a base económica do sector turístico, náutico, de natureza e deportivo sobre a calidade e sustentabilidade.
Así mesmo, os seus obxectivos específicos son:
- Aumentar a atractividade a través da valorización do patrimonio natural e cultural en ríos, rías e costa para converter o territorio nun destino accesible, integrado, intelixentes e internacional baixo unha estratexia de calidade e sustentabilidade.
- Aumentar a atractividade internacional do territorio a partir da integración na educación e no deporte do patrimonio natural e cultural e buscando un posicionamento internacional como destino universitario náutico internacional
- Aumentar a atractividade do patrimonio desde ríos, rías e costa través da mellora e aumento da accesibilidade das porta de entrada ao patrimonio natural e cultural, costeiro e fluvial.
ACTIVIDADES TRONCAIS DO PROXECTO
Promover a comercialización e internacionalización de produtos e servizos náuticos, contribuír á mellora dos servizos portuarios con portos accesibles as 24 horas do día, facilitar a navegación con realidade aumentada, e formar e asesorar ás empresas náuticas son só algunhas das accións enmarcadas neste proxecto, que ten como beneficiarios a municipios, portos e os seus xestores, entidades e clubs deportivos e, por suposto, ao sector empresarial.
De maneira específica o proxecto persegue valorizar os espazos naturais e do patrimonio histórico e cultural da euro-rexión a través do seguintes catro eixos:
- Valorización dos destinos naturais e culturais en terra, rio e mar como destinos accesibles, intelixentes, internacionais e integradores
Esta actividade está vinculada coa elaboración de estudos e, en concreto, coas seguintes accións:- Aumento da atractividade do territorio a través do desenvolvemento da oferta.
- Creación de destinos accesibles, intelixentes e internacionais na euro- rexión.
- Promoción de novos produtos do sector econáutico e dos destinos naturais, culturais e náuticos accesibles.
- Integrar o Patrimonio Cultural e Natural no ámbito Educativo Náutico Universitario como factor para o Desenvolvemento da Base Económica e de Diferenciación Territorial da Euro- rexión
A actividade desenvolverase actuando sobre tres acciones:- A Creación dun modelo de contidos culturais, naturais e deportivos único a desenvolver de forma conxunta na Euro- rexión.
- A creación dun modelo sustentable de eventos e intercambios atracción de novos públicos.
- A definición dun plan para situar á Euro- rexión como espazo referente para deportistas universitarios de elite.
- Calidade e Certificación de Produtos, servizos en destinos Naturais, Culturais e Náuticos
Esta actividade é parte fundamental e básica para a creación dos novos produtos e servizos integradores do patrimonio. Para o seu desenvolvemento levarán a cabo:- Creación do modelo de calidade para oferta econáutica integrada.
- Posicionamento en redes internacionais ou prescritores de referencia como destino econáutico.
- Posicionamento en redes internacionais e influencers da oferta de aloxamento e complementaria.
- Aumento da atractividade do territorio desde ríos, rías e costa
Os dous eixos de actuación desta actividade son por unha banda mellorar o acceso físico a esas infraestruturas, e por outro mellorar a accesibilidade tanto para dar seguridade e servizo 24 horas como para facilitar o acceso ao colectivo de discapacitados:- Aumento da atractividade desde ríos e rías pola mellora da capacidade e apertura e integración dos portos cos centros históricos e/ou os espazos naturais.
- Mellorar a accesibilidade intelixente do territorio, dos colectivos e mellorar a seguridade.
PRINCIPAIS RESULTADOS ESPERADOS
Os principais resultados do proxecto son:
- Territorio situado internacionalmente como destino de turismo de natureza, náutico, de luxo, cultural especializado, deportivo de alto nivel e educativo e activo de familia.
- Aumento de pernoitas en 2.700 polos novos segmentos turísticos, pola apertura dos portos en ríos, rías e costa ao turismo, e pola utilización das novas tecnoloxías de realidade aumentada para facelo accesible 24 horas.
- Aumento do número de visitantes a espazos naturais e culturais nun 5 % a través de Realidade Aumentada.
- 190 elementos valorizados e integrados en oferta econáutica.
- 50 empresas econáuticas certificadas con produtos integrados.
- Aumento deportistas universitarios 5%.
- 14 portos accesibles 24 horas e seguros con Realidade Aumentada
SOCIOS
Beneficiario Principal: Asociación Galega de Actividades Náuticas – AGANPLUS
Beneficiarios galegos
- Fundación Deporte Galego
- Ente Público Portos de Galicia
- Consellería do Mar. Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Beneficiarios portugueses
- Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho)
- Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC)
- Intercéltica - Associação Cultural, Desportiva e Turística
ORZAMENTO
O proxecto conta cun custo total de 1.899.852,32€. Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg V-A-España- Portugal (POCTEP) 2014-2020.
CALENDARIO
O proxecto desenvolverase ata o mes de marzo de 2019 con posibilidade de prórroga.
Para máis información visite a web: http://ecodestin.com.