Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

A xunta de galicia publica hoxe no DOGA a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos terreos para ampliar a contorna da lonxa de Barallobre

  • Portos de Galicia investirá 185.000 euros na estabilización dos noiros lateral e posterior  ao edificio da rula do municipio de Fene e incrementará o espazo do paso circundante para mellorar a seguridade do tránsito de persoal ou maquinaria.

 

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2025.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá 185.000 euros nas obras de estabilización dos noiros da contorna da lonxa de Barallobre, no municipio coruñés de Fene. Como parte da tramitación deste proxecto, o Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a declaración por parte  do Consello da Xunta de utilidade pública e urxente ocupación dos terreos necesarios para a execución destes traballos.

As obras consistirán na estabilización dos noiros laterais e posterior á lonxa de Barallobre, aumentando o seu retranqueo con respecto a dito edificio. Estes traballos permitirán aumentar o espazo no perímetro da lonxa creando unha zona circundante de paso con mellores condicións de seguridade para persoal e maquinaria. Ademais, mellorarase o aillamento da lonxa evitando humidades ou filtracións de auga.

A Xunta de Galicia investirá nesta actuación 185.000 euros, dos que 178.000 corresponden ao orzamento das obras previstas e 7.000 euros ao pago da expropiación dos 1.400 metros de superficie necesarios para a execución dos traballos. O prazo de execución previsto para as obras é de 6 meses.

O procedemento de expropiación forzosa con identificación das cinco parcelas afectadas someteuse a información pública no mes de outubro e para continuar coa súa tramitación declarouse a utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos de referencia por parte do Consello da Xunta, tal como recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.