Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de galicia e afundación avanzan en novas vías de colaboración para a retirada de residuos nas dársenas autonómicas

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2026.- Portos de Galicia, ente público adscrito á Consellería do Mar, e Afundación, que desenvolve a obra social de Abanca, avanzan na definición de novas vías de colaboración para a retirada de residuos nas dársenas autonómicas, no marco do proxecto Plancton. Así quedou de manifesto esta mañá na reunión do presidente de Portos, José Antonio Álvarez, co director desta iniciativa de Afundación, orientada ao desenvolvemento sostible das actividades socioeconómicas vinculadas ao mar, José Manuel Mourelo.

No encontro, ambas entidades coincidiron en salientar o traballo que os voluntarios que participan no proxecto Plancton desenvolven actualmente nas dársenas de Sanxenxo, Portonovo e Combarro nas que levan a cabo a retirada de residuos dos fondos mariños. Ademais, propuxeron a posibilidade de ampliar o ámbito do proxecto a outros portos de titularidade da Xunta de Galicia e de sumar aos traballos nos fondos mariños a retirada de residuos en zonas de terra que acollen mercadiños e festas.