Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA E O CONCELLO DO GROVE ACORDAN A PROPOSTA PARA A REVERSIÓN AO ESTADO DE TERREOS INNECESARIOS NO PEIRAO DO CORGO

  • O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
  • A zona afectada abrangue a Praza do Corgo, a parcela do xulgado de paz e a Praza de don Jacobo

 

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2025.- Portos de Galicia e o Concello do Grove, acordaron esta mañá a proposta definitiva para a reversión ao Estado dos terreos declarados innecesarios para a actividade portuaria no municipio. Así quedou de manifesto na reunión celebrada esta mañá entre o presidente do ente público, José Antonio Álvarez, e o alcalde grovense na sede do organismo portuario.

No encontro de traballo ambas administracións consensuaron a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado para que esta o transfira ao Concello do Grove dado o seu uso veciñal, de carácter público, e non restrinxido á actividade portuaria. A proposta acordada baséase en criterios estritamente técnicos que foron ratificados previamente polo conselleiro do Mar coa Fegamp.

En concreto no caso do porto do Grove os terreos situados actualmente en dominio público portuario que a Xunta de Galicia proporá devolver ao Estado para a súa posterior transferencia ao Concello corresponden á Praza do Corgo e inmediacións, a parcela do xulgado de paz e a Praza de don Jacobo.

A reunión co Concello do Grove dá continuidade á celebrada días atrás cos de Poio, Rianxo, Laxe, Vilagarcía e A Illa de Arousa, dentro da segunda fase do procedemento de reversións, logo de que a Xunta remitise no mes de abril a Costas do Estado a declaración de innecesariedade dos terreos dos 10 portos que se incluíron na primeira fase. Tras a ratificación polo Consello Rector, a proposta trasládase á Consellería de Facenda para a súa elevación ao Consello da Xunta. Unha vez aprobadas polo Executivo galego, remitiranse ao Ministerio de Transición Ecolóxica para a súa tramitación e, no seu caso, aprobación final.