Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia e Sogama avalían vías de colaboración para a xestión dos residuos portuarios

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama), Javier Domínguez, para avaliar vías de colaboración entre ambas entidades dependentes das Consellería do Mar e de Medio Ambiente e Cambio Climático, respectivamente.

Durante o encontro, ambos mandatarios afondaron nas posibilidades de colaboración para a xestión dos residuos que se xeran nos portos de titularidade autonómica. A este respecto, incidiron na importancia da separación dos residuos e do bo funcionamento dos puntos limpos que ten habilitados Portos de Galicia e sentaron as bases para avanzar na rede separativa de cara a unha maior sostibilidade ambiental dos peiraos galegos.

Finalmente, os presidentes de Portos de Galicia e Sogama analizaron tamén outras posibilidades de colaboración como entes dependentes da Xunta de Galicia para unha maior eficiencia administrativa.