Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia instalará unha nova baliza vermella de axuda á navegación no acceso ao peirao de Pontevedra

  • O Ente Público estudia tamén as alternativas para sinalizar a coieira que discorre ao longo  da canle de entrada á dársena.

 

Santiago, 23 de abril de 2024.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia ten previsto para os vindeiros días a instalación dunha nova baliza que substituirá ao faro vermello da canle de acceso ao porto de Pontevedra. Este faro foi dado de baixa o pasado mes de outubro pola súa desaparición a causa dun temporal, correspondendo desde ese momento a autoridade marítima –a través de Sasemar- activar os avisos a navegantes para evitar o perigo derivado desta ausencia.

A peza non puido ser rescatada dado que non contaba dun único elemento, senón que se trata dunha construción a base de diferentes elementos. Ademais, non tiña catalogación patrimonial segundo recolle o documento de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios do porto de Pontevedra.

Dado que a estrutura de formigón desapareceu co conxunto da baliza decidiuse repoñer o balizamento mediante a instalación dun poste coas características reguladas pola normativa de sinalización marítima.

Finalmente, Portos de Galicia está a traballar tamén na análise de alternativas para mellorar o balizamento da coieira da canle de entrada ao porto de Pontevedra. Os estudios oriéntanse á utilización de elementos que faciliten o seu posterior mantemento, como postes fincados ou boias.