Publicador de contenidos
Portos de Galicia mellora a circulación rodada dos vehículos pesados no porto de Ribeira
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026.- Portos de Galicia, ente público dependente da Consellería do Mar, iniciou as obras de mellora da circulación rodada na contorna da lonxa do municipio coruñés de ribeira. O ente público acomete esta actuación con cargo ao servizo de mantemento de instalacións, vixente para os 122 portos de titularidade autonómica.
En concreto, estase a actuar na rotonda situada na parte traseira da lonxa que se remodelará para facela rebasable. Deste xeito facilitase a manobra e refórzase a seguridade no xiro dos vehículos pesados, especialmente aqueles de maiores dimensións que gañarán preto de dous metros máis de amplitude para o xiro.
A actuación culminarase coa instalación de pivotes para reforzo da seguridade viaria e co repintado da sinalización horizontal e pintado de novas zonas co obxectivo de axilizar a circulación nesta zona de especial actividade profesional.