Publicador de contenidos
PORTOS DE GALICIA REMATA O REPINTADO DA BALAUSTRADA DA FRONTE PORTUARIA DE CARRIL, EN VILAGARCÍA
Portos de Galicia, ente adscrito á Consellería do Mar, iniciou as obras de repintado da balaustrada do porto de Carril, no municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa. Con esta actuación o ente público pon en valor a fronte marítima a través da conservación dunha balaustrada emblemática da localidade.
As obras que continuarán nos vindeiros días inclúen o saneamento e pintado de toda a balaustrada que discorre por terreos de Portos de Galicia, de arredor de 270 metros de lonxitude. En concreto, a mellora afecta ao tramo de balaustrada entre dúas ramplas portuarias, desde a zona da lonxa ata a finalización do dominio público portuario.
Portos de Galicia enmarca esta actuación no eixo estrutural de traballo do ente público para a Integración porto-cidade de xeito que mellora o espazo portuario en beneficio non só do sector marítimo senón tamén do conxunto da veciñanza.