Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA RENOVA AS REDES DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGAS DA NAVE DE REMO DE ALDÁN, EN CANGAS

Cangas (Pontevedra), 19 de setembro de 2025.- Portos de Galicia, ente adscrito á Consellería do Mar, está a executar obras de mellora das redes de augas na nave de remo do peirao de Aldán, no municipio pontevedrés de Cangas. O organismo autonómico inviste 20.000 euros nesta actuación que se desenvolve ao longo deste mes.

En concreto as obras consisten na renovación do sistema actual de saneamento e a conexión da nave de remo á rede municipal de augas residuais a través dunha gabia de más de 100 metros de lonxitude e 2,5 metros de profundidade. Así mesmo, estase a conexión do edificio á rede de abastecemento de auga.

Finalmente, nos vindeiros días procederase á restitución dos bolardos que delimitan o espazo reservado para o club de remo na explanada anexa de xeito que preserven o espazo da actividade náutica moi frecuentado por escolares. Estes pilotes serán desmontables e a súa instalación respecta ás prazas de aparcadoiro público que existen actualmente.