Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ANUNCIO do 3 de outubro de 2023 de trámite de información pública do estudo de impacto ambiental da dragaxe no porto de Foz (expediente PRG-2022-0098).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), sométese o trámite de información pública o estudo de impacto ambiental da dragaxe no porto de Foz.

Durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación estará dispoñible ao público para a súa consulta na páxina web de Portos de Galicia:

O proxecto básico da dragaxe no porto de Foz será sometido á avaliación de impacto ambiental ordinario. Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas serán dirixidas ao presidente de Portos de Galicia, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

 

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:

  1. Anuncio no DOG Num 212 do tramite de informacion pública do "Estudo de impacto ambiental da dragaxe no porto de Foz".
  2. Estudo Impacto Ambiental Dragaxe no Porto de Foz: