Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acta da reunión da comisión de valoración nomeada pola resolución de 10 de abril de 2025 do presidente da entidade pública empresarial portos de galicia pola que se acorda a mobilidade funcional para o desempeño temporal de postos de traballo recollida no artigo 6º do convenio colectivo de portos de galicia para cubrir 4 prazas na categoría de celador/a gardapeiraos xefe/a.

En Santiago de Compostela, sendo as 09:30 horas do día 28 de maio de 2025, reúnese a Comisión de Valoración integrada por Juan Sanmartín Ferreiro, María de la Cruz Sóñora Ces, Antonio López Fernández e Ibán Rodríguez Fernández e nomeada pola Resolución de 10 de abril de 2025 do Presidente da Entidade Pública Empresarial Portos de Galicia pola que se acorda a mobilidade funcional para o desempeño temporal de postos de traballo recollida no artigo 6º do Convenio colectivo para o persoal laboral do Ente Público Portos de Galicia e se convoca en mobilidade funcional a cobertura de catro vacantes de celador/a gardapeiraos xefe/a: unha na Zona Norte, outra na Zona Centro e dúas na Zona Sur.

O motivo da reunión é a realización da entrevista persoal aos aspirantes presentados para a cobertura dos postos de traballo de celador/a gardapeiraos xefe/a prevista na devandita Resolución do 10 de abril de 2025 do Presidente de Portos de Galicia para valorar as capacidades, aptitudes e coñecementos sobres os postos a cubrir ata un máximo de 10 puntos e, segundo o previsto na base terceira da resolución, exporanse unha batería de 6 preguntas con tres conceptos a valorar en cada pregunta:

  • Expresión oral, de 1 a 4 puntos
  • Enfoque e claridade, de 1 a 4 puntos
  • Valoración global, de 1 a 2 puntos