Publicador de contenidos
Resolución do 20 de marzo de 2024 pola que se da publicidade á modificación da Resolución de 20 de setembro de 2023 (DOG núm. 186, de 29 de setembro) pola que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso no Grupo III na categoría de Administrativo, da Entidade Pública Empresarial Portos de Galicia”.
En virtude da Resolución do 20 de setembro de 2023 (DOG núm. 186, do 29 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo III, na categoría de administrativo, da entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Entre os requisitos das persoas aspirantes que se recollen no punto 1.2 das bases da convocatoria, o subpunto 1.2.4 recolle o coñecemento da lingua galega, polo que o aspirante deberá estar en posesión do titulo do Celga correspondente en función do grupo profesional, no caso do grupo III, o Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega e, na súa falta, aquelas persoas que non acheguen a titulación anteriormente indicada deberán superar unha proba de coñecemento de lingua galega nos termos que se establecen na base II, que terá carácter eliminatorio.
Enlace a publicación no DOG: