Publicador de contenidos
Portos de galicia licita por 332.000 euros as obras de reposición da cuberta e acondicionamento do edificio dos departamentos do porto de Fisterra
- Os traballos permitirán renovar a envolvente do edificio, afectada pola súa exposición ao ambiente mariño, e durante a súa execución instalaranse provisionalmente contedores marítimos para uso dos titulares dos locais actuais.
- Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles desde hoxe na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025.- Portos de Galicia, vén de iniciar hoxe o procedemento de licitación pública das obras de reposición da cuberta e acondicionamento do edificio dos departamentos no porto de Fisterra. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, deu traslado ao Consello da Xunta do inicio da licitación cun orzamento base de 361.000 euros, IVE incluído.
Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal. Os licitadores terán de prazo 26 días naturais para presentar as súas ofertas.
As obras consisten na reposición da actual cuberta para evitar a filtración de humidades e o acondicionamento dos elementos metálicos do conxunto da envolvente, dado o estado de corrosión en que xera a súa forte exposición ao ambiente mariño. Ademais executarase unha nova rede soterrada de evacuación das augas pluviais e substituiranse os canlóns e baixantes.
Dado que os departamentos teñen que atoparse baleiros para a execución dos traballos previamente ao inicio dos mesmos procederase á instalación provisional duns contedores marítimos na contorna do edificio, para uso dos usuarios dos departamentos, permitíndolles así proseguir coa súa actividade.
O prazo de execución dos traballos, unha vez iniciada a obra, será de 5 meses e con esta actuación Portos de Galicia mellorará as condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade no porto de Fisterra, recuperando a estanquidade nos locais dos que dispoñen para almacenamento de pertreitos.