Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia licita por 540.000 euros as obras de instalación de departamentos para usuarios no porto de Sanxenxo

  • Os traballos permitirán a execución de 14 locais para o almacenamento de pertreitos para os profesionais da pesca.
  • Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles desde hoxe na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2025.- Portos de Galicia, vén de iniciar hoxe o procedemento de licitación pública das obras de instalación de departamentos para usuarios no porto de Sanxenxo. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, deu traslado ao Consello da Xunta do inicio da licitación cun orzamento base de 540.000 euros, IVE incluído. 

Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal. Os licitadores terán de prazo 26 días naturais  para presentar as súas ofertas. 

As obras consisten na instalación de 14 módulos de edificación para uso de departamentos para usuarios do porto, executados com paneis de formigón pré-fabricado, de fácil montaxe e desmontaxe, acorde coa normativa urbanística. Os locais distribúense en dúas aliñacións, con 10 e 4 unidades respectivamente, e permitirán o almacenamento de pertreitos de pesca dos profesionais que desenvolven a súa actividade no porto de Sanxenxo. Ademais urbanizarase o espazo próximo, substituíndo os actuais bolardos por un parterre e unha zona de aparcadoiro para os propios departamentos.

O prazo de execución dos traballos, unha vez iniciada a obra, será de 4 meses e con esta actuación Portos de Galicia mellorará as condicións de traballo dos profesionais, fundamentalmente do sector pesqueiro, que desenvolven a súa actividade no porto de Sanxenxo ao dispoñer dun local individual para o acopio de material e labores profesionais, así como dunha zona de aparcadoiro reservada.