Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia abre o prazo de solicitude para uso dos departamentos para mariñeiros en Lorbé

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026.- Portos de Galicia, ente público adscrito á Consellería do Mar, abriu hoxe o prazo de presentación de solicitudes no marco da convocatoria pública para o outorgamento dos permisos de uso dos departamentos para mariñeiros no porto de Lorbé, no municipio coruñés de Oleiros.

Así o recolle o anuncio publicado este luns no Diario Oficial de Galicia, que establece un prazo de 20 días hábiles a contar desde hoxe para a presentación das solicitudes. Estas deberán remitirse por vía electrónica empregando o modelo con código IF500B que está dispoñible na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Toda a documentación relativa á convocatoria está dispoñible na web de Portos de Galicia no apartado Comunicacións e Avisos dentro da sección Convocatorias de utilización de espazos públicos. No proceso de outorgamento darase preferencia ás solicitudes de armadores, exportadores, persoas mariscadoras a pé, -ou recolectoras de recursos específicos ou outras actividades extractivas-, e armadores de 7ª lista, respectivamente.