Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de galicia autoriza á confraria de rianxo a xestión da lonxa cunha bonificación de taxas do 90%

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026.- Portos de Galicia outorgou unha autorización administrativa a favor da confraría de pescadores de Rianxo para a xestión do edificio da lonxa da localidade. A autorización ten carácter transitorio namentres a entidade profesional tramita unha nova concesión para este fin.

O título administrativo outorgado á confraría contempla a aplicación do artigo 40 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. En base a el contempla unha bonificación do 90% das taxas por ocupación de dominio público dada a actividade de lonxa no inmoble de titularidade de Portos de Galicia.

O edificio conta con 1.400 metros cadrados distribuídos en dúas plantas e a autorización ten unha vixencia máxima de 4 anos. Este título dá cobertura ao desenvolvemento da actividade de lonxa no inmoble durante o período de tramitación da nova concesión que se iniciou esta mesma semana para prorrogar a actividade que se viña desenvolvendo no edificio e cuxa concesión anterior está vencida.