Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA E A ASOCIACIÓN AMICOS ESTUDAN VÍAS DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE RESTAURACIÓN E SOSTENIBILIDADE AMBIENTAL

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa asociación Amicos, que presta atención ás persoas con discapacidade intelectual, para abordar vías de colaboración entre ambas entidades. No encontro sentáronse as bases para a sinatura dun futuro convenio para actuacións conxuntas.

En concreto o presidente de Portos de Galicia interesouse polos proxectos que desenvolve a asociación en materia de restauración e sostenibilidade ambiental e que serían aplicables ás dársenas autonómicas. Así mesmo analizáronse propostas de conservación, economía verde e azul e participación comunitaria que poden desenvolverse nos portos galegos por parte dos asociados de Amicos.

 

 

 

 

 

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería do Mar.