Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de galicia e o concello de cariño estudarán as vías de colaboración para un museo da conserva

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026.- A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, e a alcaldesa de Cariño, Ana María López, mantiveron esta mañá unha reunión na sede do ente público na que mostraron a disposición de ambas administracións a colaborar para definir as posibles vías de colaboración para impulsar un museo da conserva nunha das naves das antigas conserveiras, agora en desuso.

A presidenta de Portos ratificou a vontade do ente público de colaborar, no marco das súas competencias, para recuperar un uso funcional para estes inmobles que se atopan sen actividade no porto de Cariño. Así mesmo, Botana destacou a importancia de iniciativas como o museo proposto polo Concello de Cariño para recuperar e manter o patrimonio inmaterial das vilas mariñeiras. Durante a reunión ambas partes coincidiron na necesidade de executar actuacións de conservación das instalacións que impidan novos derrumbes como o xa rexistrado na cuberta dunha das naves e minimizar riscos de cara aos temporais do vindeiro inverno.