Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de galicia e o concello de mañón asinan un convenio de colaboración para o mantemento das canalizacións de depuración de augas

  • O ente público autoriza á Administración local a intervención en zona portuaria para as tarefas relativas á rede de saneamento en Bares e O Barqueiro

 

Santiago, 22 de maio de 2024.- Portos de Galicia e o Concello de Mañón veñen de asinar dous convenios de colaboración para regular o mantemento das canalizacións derivadas das Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) dos núcleos de Bares e O Barqueiro, que discorren por terreos de dominio público portuario.

Ambos acordos establecen as bases para a explotación e conservación de todas as infraestruturas necesarias para o servizo municipal de depuración de augas e que necesariamente ocupan terreos portuarios. En base a eles, Portos de Galicia autoriza ao Concello a intervir nos terreos de titularidade do ente público en Bares e O Barqueiro para todas aquelas tarefas ou obras que se requiran para o mantemento das canalizacións derivadas de ambas EDAR.

Este convenio enmárcase dentro da vontade de colaboración institucional entre Portos de Galicia e os Concellos galegos a fin de coordinar unha máis efectiva prestación de servizos ás persoas que desenvolven actividade portuaria pero tamén ao conxunto dos veciños das vilas costeiras.