Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA OUTORGA Á CONFRARÍA DE BARALLOBRE A CONCESIÓN DA NAVE DE VARADA DE EMBARCACIÓNS CON BONIFICACIÓN DO 35% DAS TAXAS

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2025.- Portos de Galicia vén de outorgar unha autorización administrativa a favor da Confraría de Pescadores de Barallobre, na Coruña,  para a ocupación e xestión da nave de lavado e pintado de embarcacións, de titularidade do ente público. A autorización contempla un período de vixencia de 25 anos, que poderá ampliarse ata un máximo de 50 anos e beneficiará ao redor de 60 embarcacións.

O título administrativo contemplará a aplicación da Lei de Taxas de Portos de Galicia que recolle a bonificación do 35% das taxas pola explotación de superficies de varadoiro de embarcacións do sector pesqueiro e marisqueiro así como doutro tipo usuarios do porto. Por este motivo, a confraría aboará 1.304,34 euros anuais polo uso dos 860 m2 de superficie da instalación.