Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia presentará ao sector portuario de Rianxo un proxecto de remodelación e ampliación das prazas de amarre para a frota profesional

O presidente de Portos de Galicia respondeu a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo.

José Antonio Álvarez informou de que a proposta pretende ser consensuada coa flota pesqueira e bateeira.

 

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu esta tarde a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo en relación coa mellora da operatividade no porto de Rianxo. Álvarez Vidal informou de que o ente público ten prevista para os vindeiros días a presentación ao sector portuario rianxeiro da proposta técnica na que se veu traballando nos últimos meses para ampliar o número de prazas de amarre existentes e dar resposta á demanda da frota actual.

O presidente de Portos remarcou que desde o ente público se están a analizar desde hai meses varias alternativas técnicas para ampliar as instalacións a área de amarres de Rianxo. Inicialmente, estas alternativas estiveron baseadas no cambio de localización das instalacións náutico-recreativas, que estaba a tramitar o club náutico. Ante o desestimento desta entidade sobre este traslado, os servizos técnicos de Portos de Galicia remodelaron a proposta, adaptándoa á configuración actual do porto.

Finalmente, Álvarez Vidal subliñou que o proxecto de mellora da operatividade e ampliación do número de prazas de amarre para os máis de 100 usuarios desta instalación, pretende ser consensuada co sector profesional rianxeiro, tendo en conta as necesidades da frota pesqueira e bateeira.