Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Portos de Galicia renova o conxunto da sinalización vertical das instalacións portuarias autonómicas

  • A substitución dos sinais responde á necesidade de mellorar os carteis aportando información máis detallada, pero non implica ningún cambio normativo.

 

Santiago de Compostela, 1 de xaneiro de 2023. Portos de Galicia, investiu 286.000 euros para a mellora da sinalización vertical dos espazos portuarios de titularidade autonómica. Estas actuacións desenvólvense a través dun contrato co que a Xunta está a renovar o conxunto dos sinais informativos dos 122 peiraos de titularidade autonómica.

A substitución da sinalización existente por novos elementos responde á necesidade de mellora dos carteis, que en ocasións presentaban danos como consecuencia das condicións meteorolóxicas adversas e da súa presenza en contornas mariñas. Ademais, os novos carteis aportan información aclaratoria e máis detallada da normativa que recolle, o que non implica unha modificación da regulación senón que ofrece máis datos sobre a que está vixente.

Entre a sinalización que se renova atópanse os carteis das oficinas portuarias, a delimitación das zonas de carga e descarga, as saídas das zonas portuarias, as indicacións de riscos e as de prohibición do paso a toda persoa allea á actividade do peirao ou servizos das áreas portuarias.

En relación cos indicadores de prohibición do acceso ás persoas alleas á actividade portuaria, os novos carteis recollen un texto moito máis detallado que explica que a normativa -na que non se produciu ningún cambio- limita a entrada ás zonas portuarias a aquelas persoas e vehículos vencelladas con empresas que teñen actividade no porto ou ás autoridades competentes. Entre elas están as entidades pesqueiras, náuticas, comerciais, industriais e de servizos, así como os corpos e forzas de seguridade do Estado, entre outras.