Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Volver a la página índice
Atrás

Portos de galicia saca a concurso a concesión dunha nave para usos pesqueiros e complementarios no porto de sada

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024.- A entidade pública Portos de Galicia ven de iniciar o procedemento de concurso público para o outorgamento dunha concesión para o uso dunha nave para usos pesqueiros e complementarios no porto coruñés de Sada. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Tal como contempla a resolución, o prazo de presentación de ofertas será de 30 días naturais a partir de mañá, polo que rematará o 13 de maio ás 14 horas. O prazo de vixencia da concesión das dúas naves para almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima será de ata un máximo de 50 anos. A información detallada sobre as condicións do concurso atópase a disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia e no perfil do contratante.

Trátase dunha nave situada na entrada da dársena pesqueira nas proximidades da rampla de varada que anteriormente foi empregada como taller. Actualmente os usos que se contemplan para ela son pesqueiros ou complementarios, como reparación naval, enseñanzas náuticas ou guarda de embarcacións.