Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

Acordo do 15 de maio de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial, por incremento da superficie ocupada (s) e por cambio no obxecto (o), código MS1:O1-I0-S1.0-V0, de concesión administrativa de ocupación en superficie, dun edificio titularidade do interesado e construción dun peche de predio, para o desenvolvemento da actividade de garda e reparación de dornas, oficinas, manobras e aparcadoiro, outorgada á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento, no dominio público portuario de Ribeira (código 12-48-00-C-1)

Está en trámite unha modificación substancial, por ampliación da superficie ocupada e por cambio no obxecto, código MS1:O1-I0-S1.0-V0, da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario en superficie, dun edificio titularidade do interesado e construción dun peche de predio, para o desenvolvemento da actividade de garda e reparación de dornas, oficinas, manobras e aparcadoiro, outorgada á Asociación Cultural Lajareu por Barlovento, con base no proxecto Estudo técnico para a construción dun muro de peche e colocación dun portalón automático, asinado o 3 de novembro de 2021 polo arquitecto Manuel Mª Peleteiro Bandín, colexiado número 128, e no plano da tramitación autorizada pola Resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia.

O anterior faise público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG número 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

Se o desexa pode consultar no DOG este anuncio tanto en galego como en español ou descargalo das seguintes ligazóns: