Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO do 20 de xaneiro de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario soterrado, para a instalación dunha liña de baixa tensión, para a subministración de electricidade, no dominio público portuario de Portocubelo, solicitada por UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente 12-37-22-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por UFD Distribución Electricidad, S.A., da ocupación de dominio público portuario soterrado, para a instalación dunha liña de baixa tensión, para a subministración de electricidade no porto de Portocubelo, de acordo coa memoria técnica RBT lugar de Portocubelo, s/n, Carnota, expediente nº UD618420090124, asinada polo graduado en Enxeñaría Eléctrica, Alejandro Fernández Reza, colexiado número 4683, o 23 de novembro de 2021, e o plano da tramitación autorizada pola Resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia o 3 de outubro  de 2022

 

O que se fai público, para os efectos previstos no 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á  disposición na web www.portosdegalicia.com

 

A Coruña, 20 de xaneiro de 2023

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro