Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO do 23 de maio de 2022, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial por incremento de superficie ocupada, código MS1:00-10-51.0-VO.O, para a construcción de nova liña soterrada na concesión administrativa de regularización de liñas eléctricas existentes de media e baixa tensión soterradas e centro de transformación, outorgada a Electra del Gayoso, S.L., no dominio público portuario de Camelle.

Estase a tramitar unha modificación substancial por incremento de superficie da concesión administrativa para a regularización de liñas eléctricas existentes de media e baixa tensión soterradas e centro de transformación no dominio público portuario de Camelle, de acordo cos proxectos básicos LMTS CTC Camelle praia a CTC Rociñas e RBTS, Camelle (concello de Camariñas, A Coruña), asinado o 1 de decembro de 2020 e a modificación substancial regularización de liñas eléctricas MT e BT, porto de Camelle, asinado o 9 de marzo de 2022, ambos os dous asinados polo enxeñeiro industrial Javier Bouza Cabarcos, colexiado numero 867.

 

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

 

A Coruña, 23 de maio de 2022
 

 

 

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro