Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO do 3 de marzo de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha modificación substancial, por ampliación de prazo inicial por execución de investimentos relevantes (INVEST), código-MS1:I1, para ampliación de prazo extraordinario da concesión administrativa de construción dunha nave para envase, almacenamento de pertreitos, tratamento de pescado e depósito de caixas, outorgada á Sociedade Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia, no dominio público portuario de Ribeira.(código: 12-48-99-C-1)

Está en trámite unha modificación substancial, por ampliación do prazo inicial por execución de investimentos relevantes (Invest), código-MS1:I1, para ampliación do prazo extraordinario da concesión administrativa de construción dunha nave para envase, almacenamento de pertreitos, tratamento de peixe e depósito de caixas, solicitada polo concesionario, con base no proxecto de mellora de eficiencia enerxética e calidade ambiental mediante a substitución de luminarias e a reparación de acabados nunha nave para envase, almacenamento de pertreitos, tratamento de peixe e nave para depósito de caixas, asinado en xaneiro de 2023 polo enxeñeiro industrial José Ramón Álvarez Arnau, colexiado nº 199, e o plano da tramitación autorizada pola Resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia.

 

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

 

A Coruña, 3 de marzo de 2023

 

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro de Portos de Galicia

 

 

Documentación:

  1. Anuncio no DOG Nº 64 da CDPP para a Soc. Coop. Galega do Mar de Santa Eugenia.
  2. Memoria completa CDPP para a Soc. Coop. Galega do Mar de Santa Eugenia.
  3. Plano final da ubicacion nave embases Soc. Coop. do Mar Santa Eugenia.