Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO do 30 de xuño de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación en superficie e do edificio 12.21.EDF.012 (quiosco) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de venda de prensa, bebidas e snacks, por Víctor Manuel Lema Serantes, no dominio público portuario de Laxe.(Codigo: 12-21-23-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Víctor Manuel Lema Serantes, para a ocupación en superficie e do edificio 12.21.EDF.012 (quiosco) titularidade de Portos de Galicia para o desenvolvemento da actividade de venda de prensa, bebidas e snacks, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola presidenta de Portos de Galicia o 15 de xuño de 2023 e a confrontación da ocupación da superficie de dominio público portuario.

 

O que se fai público, aos efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

 

A Coruña, 30 de xuño de 2023

 

 

Roi Fernández Añón

Director de Portos de Galicia