Publicador de contenidos
ACORDO do 30 de maio de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario en superficie e parcialmente o edificio 12.31.EDF.003 (lonxa e 6 departamentos), co fin de desenvolver a actividade portuaria de lonxa para a Confraría de Pescadores Virxe da Barca, no porto de Muxía (código 12-31-24-C-1)
Está en trámite unha concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores Virxen da Barca, de Muxía, para a ocupación de DPP en superficie e parcialmente o edificio 12.46.EDF.003 (lonxa e 6 departamentos), titularidade de Portos de Galicia, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 21.5.2024, e segundo a confrontación da ocupación asinada o 1 de abril de 2024.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º andar, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com.