Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA DESTACA A INXECCIÓN ECONÓMICA DA XUNTA PARA IMPULSAR UN SISTEMA NÁUTICO GALEGO MÁIS COMPETITIVO

Sanxenxo (Pontevedra), 3 de outubro de 2025.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, participou na primeira das mesas redondas do 6º Simposio nacional de Clubs Náuticos, organizado pola Confederación Española de Asociacións de Clubs Náuticos e a Asociación de Náuticos de Galicia (ASNAUGA), que abordou o “Presente e futuro da xestión portuaria deportiva autonómica”. Durante a súa intervención na cita celebrada en Sanxenxo, Álvarez incidiu na estratexia do ente público para impulsar un sistema portuario autonómico máis competitivo e sustentable ambiental e socialmente.

Neste sentido destacou a inxección económica de Portos de Galicia que contempla de novo en 2026 unha partida de 1,2 millóns de euros para a mellora das infraestruturas náuticas. Así mesmo, lembrou a importancia da modificación da Lei de Portos de Galicia que permite ampliar os prazos concesionais á hora de aportar maior seguridade xurídica aos inversores e planificar o futuro do sistema portuario.

Finalmente subliñou a aposta da Xunta de Galicia pola educación azul para promover o relevo xeracional no ámbito marítimo e portuario, a través da Estratexia Azul 2024-2027 á que o Goberno galego destina 115 millóns de euros.