Publicador de contidos
PORTOS DE GALICIA CONTRATA POR 190.000 EUROS AS OBRAS DA NOVA CUBERTA DA LONXA DE PORTOCUBELO, EN CARNOTA
- Os traballos teñen un prazo de execución de 4 meses e permitirán recuperar a impermeabilidade do edificio sen interromper o seu normal funcionamento.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025.- Portos de Galicia, ente público adscrito á Consellería do Mar, asinou o contrato para as obras de renovación da cuberta do edificio da lonxa de Portocubelo, no municipio coruñés de Carnota. O ente público investirá 190.000 euros nesta actuación.
Segundo figura no contrato asinado, os traballos teñen un prazo de execución de 4 meses desde a sinatura da acta de inicio e permitirán recuperar a impermeabilidade do edificio sen interromper o seu normal funcionamento. Para este fin, dotarase ao edificio dunha nova cuberta de lámina impermeable.
Esta actuación permitirá evitar as filtracións de auga así como os conseguintes danos e oxidación. Esta solución técnica garante un anclaxe específica para as placas solares das que dispón o edificio de modo que se mantén a súa actividade. Ademais, as obras permitirán manter a imaxe orixinal do conxunto do edificio e continuar coa súa actividade de xeito ininterrompido durante a súa execución.
Portos de Galicia prevê que os traballos poidan estar rematados antes de final de ano e com esta obra mellorará as condicións de traballos dos professionais que operan na lonxa de Portucubelo e dá resposta a unha demanda reiterada pola Confraría de Pescadores de Lira.