Publicador de contidos
PORTOS DE GALICIA E A GUARDA AVANZAN NO PROCESO PARA FACILITAR OS ATRAQUES EN A PASAXE ÁS EMBARCACIÓNS QUE TRAEN AOS PEREGRINOS PROCEDENTES DE PORTUGAL
• Acordaron ordenar este procedemento, xa que o Camiño Portugués é un fenómeno que vai en aumento
• Melloras na zona da Atalaia e a iluminación do dique de abrigo, outros dos asuntos abordados na xuntanza
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo este martes un encontro de traballo co alcalde de A Guarda, Roberto Álvarez, e co Comandante Naval do Miño Andrés Díaz-Ripoll, para avanzar en posibles colaboracións que permitan impulsar a actividade portuaria deste municipio. Así, analizaron o procedemento para facilitar os atraques no porto de A Pasaxe ás embarcacións que traen a esta área portuaria os peregrinos procedentes de Porto.
A este respecto, coincidiuse pola tres partes na necesidade de regularizar este procedemento, xa que o Camiño Portugués é un fenómeno que vai en aumento. Porén, e co obxectivo de materializar este compromiso, dende o ente público, adscrito á Consellería do Mar, xa se está tamén en colaboración coa Comandancia Naval de Caminha.
Trátase, segundo indica Álvarez, de aproveitar a oportunidade que representa o Camiño tanto dende o punto de vista económico, como social, pois supón un recurso que xera riqueza nos territorios polos que pasa e, no caso concreto das zonas de litoral, tamén debe ser un instrumento para o impulso da actividade portuaria.
No transcurso do encontro, o presidente de Portos e o rexedor local tamén sentaron as bases para levar a cabo melloras na zona da Atalaya e a iluminación do dique de abrigo.