Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA E O CONCELLO DE OUTES AVANZAN NA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS PORTUARIAS DO MUNICIPIO

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, mantiveron unha reunión de traballo na que avanzaron na mellora das infraestruturas portuarias do municipio. Concretamente, analizaron actuacións de pavimentación no peirao de O Freixo, así como a situación da concesión do centro náutico Francisco Rama, máis coñecido como “Fufu”.

Con este encontro, o presidente do ente público, dependente da Consellería do Mar, dá continuidade á intensa rolda de contactos que está a manter nas últimas semanas con alcaldes e representantes de entidades marítimo-pesqueiras.